dilluns, 31 de març del 2008

Enhoraboa

Hoxe lendo Vieiros vin unha nova que me deixou un pouco alucinado, e máis contento tamén. Un bo amigo, o grandísimo Oscar Ínsua, vaise convertir no novo alcalde de Corcubión.

Como sabedes alguns, pasei un ano estudiantil en Santiago de Compostela, que dende aquela é para min unha das millores cidades do mundo. Alá coñecín a unha chea de xente fantástica, fabulosa, que me fixera pasar momentos moi grandes nun tempo de felicidade xuvenil, cando non tivéramos tantas preocupacións como agora.

Unha desas persoas foi o Oscar, bolseiro eterno da biblioteca do Monte da Condesa, un rapaz que remataba dereito daquela. O Oscar é o que aquí definiríamos coma "un patriota de pedra picada", un home de principios, e sempre defendía-los cunha paxión que non poucos non entendían. Sempre tivéramos moi boa relación persoal, e máis política, xa que a maioría das veces estábamos de acordo nos argumentos. E foi un dos que máis me axudou para que aprendera galego, cousa que sempre lle vou agradecer.

Hai xa case cinco anos que marchei e, aínda que con menos asiduidade da que sería desexábel, mantemos o contacto. Cando iba a Santiago no Día da Pátria, o 25 de xullo, quedaba na súa casa, onde sempre tivo un oco para min.

Pois ben, o Oscar vaise convertir en breve no alcalde máis novo da Galiza. E de Corcubión, unha vila con forte tradición nacionalista, unha forteza do BNG na Costa da Morte, o Allariz atlántico. Oscar colle a testemuña dunha lenda do municipalismo galego, Rafael Mouzo, cousa que non é fácil. Pero estou seguro que o vai facer moi ben.

Dende a beira do Mediterráneo, Oscar, deséxo-te moita sorte compañeiro! Unha aperta!

PS: como dixen, hai casi cinco anos que marchei e teño o galego un pouquiño oxidado, se hai moitos erros, perdón!

2 comentaris:

Albert Medrán ha dit...

felicitats a l'Òscar i a tu per aquesta mostra de pluralisme ibèric!

Vicent Martínez ha dit...

bé, de fet llegisc ara que la cosa encara no està feta del tot... la típica persona que es vol aprofitar de la situació...

divendres tenim el ple, estaré atent a vore què passa.

Avante Oscar!